 
Na primeira entrevista desde a saída do cárcere, quen fora líder de Batasuna chama á unión de forzas do independentismo para unha nova estratexia.
 
											"A esquerda abertzale ten que facer un esforzo por estar nas eleccións e estar nas institucións. Insisto, a vocación da esquerda abertzale é estar nas eleccións e traballar nas institucións deste país, porque nacemos para iso, complementando a loita popular e trasladando as reivindicacións dos traballadores vascos", afirma Arnaldo Otegi en conversa co Gara. 
  
  O que fora líder de Batasuna pon os exemplos de Escocia e Grenlandia como camiños a imitar por  Euskal Herria e chama a recuperar o espírito "da última etapa negociadora e profundizando nela, para darlle unha solución democrática ao conflito". "Eu non lle poño data, nin mañá nin pasado, aínda que desde o meu punto de vista, canto antes, mellor para todo o mundo", expresa Otegi. Tres meses despois de saír do cárcere, Otegi analiza que é necesario "o fortalecemento do independentismo neste país, a construción dun bloque popular independentista que articule, en solitario ou xunto con outros, esa maioría que quere o cambio e a ese sector popular que quere construír un Estado desde a esquerda". Ao fío, subliña a importancia para a esquerda abertzale de "recuperar os contidos políticos e o listón que se deixou na última etapa negociadora para, a partir de aí, tentar reconstruíla".   
  
  A entrevista completa en Gara: "A esquerda abertzale debe construír unha estratexia eficaz para acadar un escenario democrático"
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto