 
Un tribunal impediu o funcionamento de wikipedia.de pola petición de Lutz Heilmann de que se retiren fragmentos da súa biografía.
 
											Mensaxe que aparece na páxina bloqueada
O enderezo wikipedia.de, que até agora permitía acceder á versión alemá da Wikipedia, foi bloqueado pola xustiza do país xermano. O motivo foi a denuncia dun deputado do Partido de Esquerda, Lutz Heilmann, que pediu que se retirasen algúns fragmentos da súa biografía.
A raíz dese recurso, o enderezo xa non redirixe a de.wikipedia.org, que segue accesíbel. Wikimedia Deutschland e.V., propietaria de wikipedia.de, deixou unha mensaxe na páxina onde informa da decisión xudicial e nega calquera relación co contido da Wikipedia alemá, da que é responsábel a Wikimedia Foundation, con base en San Francisco (EUA).
O recurso presentado por Heilmann perante a audiencia teritorial de Lübeck débese a que na biografía non autorizada publicada na enciclopedia libre explícase que o político fora denunciado pola revista Der Spiegel de ter sido membro da Stasi, policía política da antiga RDA. Heilmann afirma que só foi gardacostas da seguridade do Estado.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto