 
Mancomún, que coordinou a tradución do paquete ofimático libre, ofrece na súa web ligazóns para a descarga directa e de balde.
 
											A versión 3.0 do paquete ofimático libre OpenOffice.org xa está dispoñíbel en galego. O software pódese descargar para Windows, MacOS, Linux e Solaris dende todos os servidores de réplica de OpenOffice, entre eles o de Mancomún, que ofrece, ademais, unha listaxe de ligazóns para facer máis doada a instalación.
OpenOffice.org 3.0 traduciuse grazas ao traballo de voluntarios coordinados por Mancomún e xa se completara na última edición de Xuventude Galiza Net. A nova versión inclúe melloras e novas funcións, aínda que tamén pesa máis: arredor de 150 megas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto