 
O Colexio de Avogados de Santiago convoca para este martes unha nova reunión para o debate e intercambio de experiencias sobre o galego no ámbito xudicial.
Participarán como relatores o fiscal superior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela García e, en representación da Real Academia Galega, Xesús Ferro Ruibal, membro académico numerario e investigador.  
   
   Unha vez máis, o obxectivo principal da xornada é reflexionar acerca do proceso de normalización que se está a vivir no ámbito da xustiza. Tamén o de ofrecer experiencias positivas e novas perspectivas que favorezan o uso normal da lingua galega no exercicio xurídico.  
   
  O encontro está organizado polo Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Dirixida ao mundo da avogacía e da xustiza, e en xeral a todos os interesados na reflexión sobre a lingua, terá lugar este martes 21 de outubro, ás 19:00 h no salón de actos do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto