Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
BALONCESTO

Lucho Fernández volve a Galiza para xogar no Breogán

O ferrolán deixou o TAU e incorpórase ao cadro de xogadores do clube lugués, que a tempada que vén xogará na LEB Ouro.

Redacción - 11:38 16/07/2008
Lucho Fernández xogando co Lagun Aro Bilbao Basket

Lucho Fernández xogando co Lagun Aro Bilbao Basket

Lucho Fernández xogou a tempada pasada no TAU Vitoria, equipo no que chegou a se proclamar campión da Liga ACB e co que participou na final four do baloncesto europeo.

Agora o ferrolán comezará unha nova tempada no Breogán de Lugo, onde podería ter máis protagonismo que no clube vasco, no que case non gozou de ocasións para xogar.

Un pivote de 32 anos

Lucho naceu en Ferrol hai 32 anos e mide 2,02 metros. Formouse nas categorías inferiores do Santa Marina, de onde pasou ao OAR Ferrol. Na tempada 1999-2000 xogou en Los Barrios de Alxeciras, e despois botou catro tempadas en Bilbao, incluído un no que militaron na ACB. Tamén xogou no Calpe de Levante e no Baloncesto León, ademais da etapa que botou no TAU.

Fernández é, ademais, xogador da selección galega de baloncesto que hai un par de meses debutaba no Torneo das Nacións, en Cataluña, onde foron subcampións. Alí foi o máximo anotador e foi escollido MVP do Torneo.


Ligazóns

4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: