 
 
Os 'populares' din que trataron de aclarar o sucedido no Parlamento mais que o PSdeG tratou de "agachar a sua culpabilidade" e o BNG "permitiuno".
 
											Afonso Rueda
O secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, anunciou este venres que o seu partido denunciará ante a Xustiza o caso da suposta axente electoral, ante a imposibilidade de aclarar o sucedido no Parlamento polo "afán escurantista do Goberno". 
  Serán agora os xuíces os que determinen se en realidade o PSdeG financiou con cartos públicos a campaña electoral na Arxentina. O PPdeG considera que os socialistas estiveron "empeñados en agachar a gravidade dos seus actos", e que no BNG son "cómplices necesarios dun escándalo de proporcións maiúsculas".  
Rueda criticou que cinco meses despois de denunciaren os feitos, o Goberno "non adoptou medidas de ningún tipo", e que en troques dos "implicados" achegaren unha "aclaración", estes optaron pola "mentira", a "intimidación", a "calumnia" e o "insulto cara ao PP" por facer público o caso. 
  O PPdeG, que salientou o "boicot" que sufriron na comisión de investigación parlamentaria, anunciou que poñerá en coñecemento do xuíz todos os datos que obran no seu poder. Ademais pediralle que teña en conta testemuñas e documentos diversos "para analizar e determinar a gravidade deste asunto".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto