Un dos soldados participantes disparou a súa arma con munición real en troques da de fogueo.
O suceso ocorreu na localidade de Carcassona (Rosselló)
Polo menos 16 persoas, catro menores de idade, resultaron feridas cando un soldado francés utilizou munición real durante unha demostración do Exército, na localidade de Carcassona, no Rosselló (sur do Estado galo), segundo informou o prefecto do departamento de Aude, Bernard Lemaire.
Aínda que non se desbotou a posibilidade de que todo se deba a un accidente, o militar do Terceiro Rexemento Mariño de Paracaidistas xa está detido e permanece baixo custodia.
O presidente francés, Nicolás Sarkozy, emitiu un comunicado manifestando o seu "horror e profundo sentimento". Sarkozy agarda que unha vez finalicen as investigacións, o incidente teña consecuencias "exemplares" tan axiña como sexa posíbel.