 
 
Recordan que se fixara un obxectivo de 70, "e Galiza só suma nove" desde 2005. Acusan a Touriño de boicotear o proceso.
"Confiemos en que á quinta vaia a vencida", ironizaba este luns o voceiro do grupo parlamentario do PpdeG, Manuel Ruíz Rivas, lembrando as catro ocasións  nas que se aprazou a transferencia a Galiza do Parque das Illas Atlánticas. Para os populares, trátase dun exemplo das "tensións" que rodearon o proceso de negociacións entre a Xunta e o goberno español no camiño da ampliación do autogoberno.   
  
  O PPdeG calculou que con estas catro últimas, o Goberno rematará a actual lexislatura "deixando sen asumir o 85,15% das competencias que anunciara ao inicio deste mandato". Segundo Ruíz Rivas, ese balance converte este cuadrienio "no menos produtivo para o autogoberno de Galiza desde a posta en marcha do Estado das Autonomías, a pesar das expectativas alimentadas polo bipartito".   
  
  Responsabilizan a Touriño dun "boicot"   
  O voceiro do PpdeG considera que a situación é responsabilidade do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a quen acusa de "boicotear o proceso de ampliación do autogoberno de Galiza para evitar que o protagonismo recaia sobre o seu socio nacionalista, o vicepresidente, Anxo Quintana".   
  
  Como exemplo sinalan a reunión prevista inicialmente para o pasado  martes, "e que foi desconvocada oficialmente por problemas técnicos", cando na opinión dos populares "o certo é que foi boicoteada deliberadamente pola Xunta, como demostra o feito de que os representantes dos grupos parlamentarios que debían participar na xuntanza non chegaron a recibir convocatoria oficial algunha para tomar parte nela".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto