O 28 de xuño haberá dúas 'Mani-festa-accións', na Coruña organizada por Maribolheras Precárias, e en Santiago por Aturuxo.
Apenas unha semana despois de ter sido convocada, a Mani-festa-acción convocada na Coruña polo colectivo Maribolheras Precárias baixo o lema A igreja mata, Apostata!, ten recibido xa ao redor de trinta adhesións, entre as que destacan a de Mulheres Nacionalistas Galegas, o Centro Social Atreu, a Casa das Atochas, o Centro Social A Casa Encantada, a Assembleia de Estudantes da Facultade de Filoloxía da USC, a Unión Libertaria de Ferrol, ou o Centro Social A Formiga de Pontevedra.
É a terceira vez que Maribolheras convoca esta manifestación no Día do Orgullo, e mesta ocasión a convocatoria é o 28 de xuño no Campo de Marte da Coruña, "umha mobilizaçom independente e autónoma das redes clientelares ou os partidos políticos". Nesta ocasión, a convocatoria terá como obxectivo principal das protestas á igrexa católica.
Tamén haberá manifestación en Compostela o día 28, que partirá ás seis da tarde do Paseo Central da Alameda. Antes, ao mediodía, celebrarase un Maripicnic-Foliada no Parque de Belvís, e a noite abrirase cunha Festa Concerto na Praza da Quintana, na que actuarán Alive, Opperetta Mix e La Kinky Beat. As actividades están organizadas por Aturuxo, a Federación de Asociacións LGTB de Galiza, e o Concello de Santiago. Nesta ocasión, o lema é Mulher, Lésbica, Visíbel!
Pero as actividades do Día do Orgullo ábrense esta semana, cun ciclo de cinema Gai, Lésbico, Bisexual e Transexual que se desenvolve do 16 ao 22 de xuño no Teatro Principal de Compostela. Entre os filmes que se proxectarán, ás 20.15 e ás 22.15, con entrada a tres euros, destaca a polémica Clandestinos que hai uns meses escandalizou a numerosos medios conservadores do Estado.
Programa do ciclo de cinema
Luns 16
20.15: Riparo
22.15: Puccini for Begginers
Martes 17
20.15: Outing Riley
22.15: Fabulous (The history of queer cinema)
Xoves 19
20.15: Clandestinos
22.15: Outing Riley
Venres 20
20.15: Fabulous (The history of queer cinema)
22.15: Clandestinos
Sábado 21
20.15: Un amour à taire (Un amor por ocultar)
22.15: Riparo
Domingo 22
20.15: Puccini for Begginers
22.15: Un amour à taire (Un amor por ocultar)