Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Violenta xornada electoral

Os conservadores gañan en Macedonia as eleccións anticipadas

Un morto, unha ducia de feridos e arredor de vinte colexios electorais pechados.

Redacción - 09:00 02/06/2008

Con case o 90% do voto escrutado, a Organización Revolucionaria Macedonia, a formación conservadora do actual primeiro ministro, Nikola Gruevski, sería o partido triunfador das eleccións lexislativas desta fin de semana en Macedonia, alcanzando o 46,7% dos votos. Atrás quedaría a Unión Socialdemócrata de Macedonia, principal formación opositora, co 22,2% dos apoios.

A Unión Democrática para a Integración e o Partido Democrático dos Albaneses, os principais partidos que aspiraban a representar a minoría albanesa, que suma aproximadamente a cuarta parte do total da poboación, obterían respectivamente un 11,2% e 10,1% do voto.

Así e todo, os resultados finais non se coñecerán até que se repita a votación nas áreas máis conflitivas, onde debido aos abrollos violentos foi necesario pechar os colexios electorais antes da hora prevista. Segundo as últimas informacións, o balance dos incidentes deste domingo electoral en Macedonia rematou cun morto e cando menos nove feridos.

Máis na BBC: O primeiro ministro reclama a vitoria en Macedonia


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: