Segundo o último informe do CIS, os nacionalistas galegos pasarían do 0,9% actual a conseguir un 1,1% do total dos sufraxios.
O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) publicou este mércores unha enquisa de intención de voto a nivel estatal. Segundo a análise, que corresponde co mes de abril, a crise do PP está a pasarlle unha forte factura xa que o PSOE conseguiría un 43,6% dos votos, fronte a un 37,6 dos conservadores.
A enquisa prognostícalle unha importante suba, de máis dun 22%, ao BNG. Segundo o CIS, os nacionalistas galegos pasan en intención de voto do 0,9% (enquisa de xaneiro) a 1,1%.
Pode ver aquí os datos de intención de voto