A banda publicará a finais de febreiro o seu sétimo traballo, do que xa se poden escoitar dous temas.
Volve Mutenrohi con novo álbum. En E van dez, a banda mirou cara a atrás repasando os seus dez primeiros de existencia e os cinco discos editados. Agora regresa con novo material en Sete, o seu sétimo traballo, no que colaboran, entre outros, Cristina Pato, Duncan Chisholm (Wolfstone), Guillerme Ignacio (Quempallou), Diego Fortes (Lume), Eva Carreras (participante de Operación Triunfo), MCarballo e Laura Moure (Gañadora no 2006 do Festival do Landro).
O grupo colgou na súa web un adianto do que poderemos escoitar en febreiro. Son dous temas, A Lavandeira e Greenlands, aínda sen pasar pola postprodución definitiva, pero que serven para ir abrindo boca. Mutenrohi ten pechados concertos en Vicar (Almería) o 16 de febreiro, en Issigeac (Francia) o 31 de maio, e en Lorient o 1 de agosto. Ademais, en agosto realizará unha xira por Inglaterra.