Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SAGA 'UN PORTÁTIL POR NENO'

O proxecto de Negroponte manchado pola ambición

One Laptop per Child, o proxecto de Nicholas Negroponte destinado a poñer un ordenador portátil nas mans de todos os nenos do mundo, en plena crise coas grandes compañías e, máis concretamente, con Intel

Redacción - 13:56 15/01/2008

INTEL anunciou o 4 de xaneiro que se retiraba do proxecto co que non estaba de acordo, antes de decidir participar. Negroponte afirma que o fabricante de Microprocesadores tiña o sucio costume de ir ver as mesmas persoas coas cales OLPC estaban en contacto para propoñerlles a súa propia versión dun ordenador barato (pero un pouco máis caro) o Classmate PC.

A versión de Intel é que OLPC quería que Intel renunciara a vender o seu ordenador o que Negroponte desmentiu.

Como di Endgaget: esperaríase "un pouco máis de madurez" en tal divorcio mentres que as dúas partes din querer moito aos nenos.

Mark Anderson lembra que é a segunda vez que Intel procede desta forma cun proxecto de ordenadores para o ensino.

Negroponte tamén declarou que traballaba nunha fórmula que permitía a seu XO traballar tanto con Linux (fórmula básica) como con Windows. Pero Microsoft contradi esta versión.

A campaña destinada a permitir aos estadounidenses e aos canadenses comprar dous ordenadores (por 400 dólares mentres que o prezo unitario é agora de 185) uns dos cales distribuiríanse no terceiro mundo mentres que recibirían o outro, o que permitiría gañar 35 millóns de dólares e de distribuír 100.000 laptops en Mongolia, Ruanda, Etiopía, Haití.

E agora Mary Lou Jepsen, ex responsable da tecnoloxía do XO acaba de anunciar a creación dunha nova sociedade - Pixel Qi - que se propón producir un ordenador portátil " de entre 50 e 75 dólares no prazo de 2 ou 3 anos". Negroponte xa falou dun ordenador portátil a 100 dólares...


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: