 
 
Segundo o organismo popular anti-represivo, o mozo está a ser maltratado pola súa condición de independentista e co silencio da dirección do centro.
O organismo popular anti-represivo Ceivar sacou á luz as agresións que está a sufrir o preso independentista Santiago Vigo no cárcere de Alcalá Meco, en Madrid. Segundo informou Ceivar, xa é a terceira agresión que padece o mozo, que se atopa no módulo de menores xunto a José Manuel Sanches por orde da Audiencia Nacional. 
  As agresións efectuáronas presos sociais do módulo, segundo Ceivar, ante a permisividade da dirección do centro e co acoso permanente do funcionariado, polo carácter independentista dos presos. Vigo e Sanches son os únicos ingresados de carácter político nun módulo onde se atopan máis de 50 presos sociais de diversas nacionalidades. 
  Ceivar anunciou que o seu avogado presentará unha denuncia no xulgado de Alcalá de Henares para que se depuren responsabilidades nas agresións, e que dous letrados irán visitar este sábado os presos para coñecer a súa situación dentro da cadea.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto