O programa da TVG Onda Curta (domingos á unha da madrugada) emitirá esta semana unha escolma dos mellores videoclips musicais galegos dos últimos meses.
En total seleccionáronse sete pezas para o programa, o número 75 na traxectoria de Onda Curta, unha mostra do momento emerxente da creacións de clips musicais no noso país. O programa emitirase ao redor da unha da madrugada do domingo.
QUANT (Ferrol): Girls, girls, girls. Realizado por Álvaro León e o baixista do grupo Rubén Coca.
NADADORA (O Grove): Tú y cuantos como tú.
NARF (Santiago): Quero ser tambor.
ECTOPLASMA (Vigo): Astro. Realizado por Paco Serén, antigo integrante dos Piratas.
MEU (A Coruña): Wretch wash your hair. Realizado por Xurxo García Penalta.
ZËNZAR (Cerceda): O Padriño. O vídeo do grupo de Xosé Bocixa foi producido por Videafilms.
EL YUYO (O Morrazo): Ni puto caso. O vídeo foi responsabilidade do arxentino Federico Marcello, realizador habitual dos míticos Bersuit.