Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Lanzamento en 2011

O auto-islámico: compás á Meca e caixón para o Corán

Irán, Turquía e Malaisia colaboran para o deseño e construción dun vehículo dirixido ao mercado musulmán.

Redacción - 09:00 18/12/2007

A persa Iran Khodro e Proton, de Malaisia, son as dúas empresas do mundo automobilístico que aspiran a deseñar un vehículo que se converta en referencia no mercado dos países do contorno musulmán. Entre os detalles cos que sairá aos concesionarios están un compás que sinalará á Meca para guiar os rezos diarios, e compartimento especial onde gardar entre outros o exemplar do Corán.

Cada unha delas acumula xa importantes cifras de vendas: Khodro vendeu 525 mil autos e camións nos últimos dous anos e da factoría de Proton saíron 130 mil vehículos en 2006. Agora, unirán forzas nun proxecto impulsado pola Organización da Conferencia Islámica no que se agarda a integración de empresas de Exipto, Siria ou Paquistán. O prezo estimado do coche é de entre 6 mil e 8 mil euros. En Malaisia, Ali Tawfik al-Attas, director dun organismo estatal para o estudo do Islam, criticou que se empregue a expresión "islámico" para un obxecto e coa fin de xerar rendemento económico.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: