 
 
O presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña afirma que a devolución do Pazo de Meirás "é un tema político", provocado por "unha transición de trinta anos que aínda non rematou".
Unhas 300 persoas concentráronse este domingo ao mediodía ante o Pazo de Meirás (Sada, A Coruña), propiedade da familia do ditador Francisco Franco, para esixir "a devolución da dignidade" ao pobo galego. 
O presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Manuel Monje, subliñou que esta convocatoria "multiplicou por tres" a afluencia de anteriores, polo que se mostrou "satisfeito" pola resposta cidadá. 
Monje incidiu en que a devolución do Pazo de Meirás "é un tema político" que atribuíu a "unha transición de trinta anos que aínda non rematou", e supeditou a "recuperación da dignidade" á devolución do inmóbel.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto