Publicouse esta segunda feira no DOG. Tamén están as solicitudes desestimadas e a causa.
Na información recollida polo DOG aparece a listaxe de Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN), seleccionados polo procedemento iniciado en xuño de 2007. Tamén se inclúen os beneficios vixentes que lles corresponden a estes deportistas así como a data na que han perder a súa condición de DGAN.
En total son 157 os deportistas galegos que figuran recoñecidos como DGAN
Aínda se poden presentar, durante todo o mes de novembro, as solicitudes para o recoñecemento coma DGAN. Con elas débese incluír a instancia da solicitude, asinada e selada pola federación á que pertence o ou a deportista; unha fotocopia do DNI; un certificado empadroamento e un certificado da federación no que conste que o deportista ten licenza expedida, e en vigor, dende antes do 1 de xaneiro do ano 2006.
Podes ver todo o publicado no DOG baixo estas liñas.