 
A asociación galega xunta en Compostela ás organizacións que buscan novos identificadores na rede para as súas culturas.
 
											 A Asociación Puntogal organiza en Santiago unha xuntanza das organizacións que buscan que a ICANN, o ente que controla os dominios de internet, aprobe novos identificadores lingüísticos e culturais. Na xuntanza deste fin de semana estarán presentes, ademais da asociación galega, as candidaturas para o galés e o bretón. 
Reunión da ICANN en outubro
Con esta reunión Puntogal quere “abrir liñas de diálogo e poñer en común ideas e propostas de para consolidar estas candidaturas diante da ICANN”. E é que o vindeiro 22 de outubro comeza  en Los Ángeles un novo cumio deste ente, no que se tratará a posíbel apertura do proceso de novos dominios durante 2008.  
De cara a ese proceso, ao Puntogal pode resultarlle útil facer fronte común con outras candidaturas de tipo lingüístico, fronte a iniciativas puramente comerciais. E que, debido ao éxito do Puntcat, a ICANN  superou os seus medos a creación de novos identificadores de carácter cultural.    
Mentres tanto, Puntogal segue recabando apoios dentro do país. Esta semana asegurouse o respaldo de todas as forzas parlamentarias. Os internautas tamén poden contribuír asinando en liña, algo que xa fixeron máis de 6.700 persoas. 
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto