 
 
O Goberno Galego leva tempo demandando a competencia sobre as recadacións destinadas a fins sociais en Galiza, dentro do IRPF. Agora pensa interpor un recurso no Constitucional.
 
											Consello da Xunta
No Consello da Xunta desta quinta feira o Goberno Galego acordou interpor un recurso no Tribunal Constitucional contra o decreto que regula as subvencións para programas de cooperación e voluntariado social, con cargo á asignación orzamentaria do IRPF.
A Xunta entraría daquela nun conflito positivo contra a orde española TAS/1051/2007 do 18 de abril, onde se establecen as bases da convocatoria destas subvencións, que o Goberno Galego quere controlar e xestionar por enteiro no seu territorio, xa que considera que as competencias en asuntos sociais son exclusivas de Galiza, e polo tanto, non lle corresponde ao goberno español regulalas no noso país. 
Doutra parte, o goberno español insiste en que, segundo a interpretación do Tribunal Constitucional, existe un espazo para que eles poidan actuar nesta materia, a pesar de que Galiza ten asumidas as competencias en asistencia social desde o ano 1982. O Estado tamén lle respondeu á Xunta que entende que esta orde regula unha axuda de carácter supra comunitario e que, polo tanto, transcende o ámbito de actuación da propia comunidade.
Mais, despois destes tirapuxas, que veñen dende xuño, a Xunta resolveu acudir ao Constitucional cos seus requerimentos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto