Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Recuperan o acordo de goberno

BNG e PSdeG agardan asinar esta semana o pacto en Pontevedra

O acordo pecharase "de xeito inminente", segundo o propio alcalde, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores. A socialista Teresa Casal dixo confiar en cerralo o "próximo xoves".

Redacción / EP - 17:05 24/07/2007

Para este xoves ás 9h30 citáronse as delegacións de BNG e PSdeG en Pontevedra que traballan nos últimos días no deseño definitivo do pacto de goberno conxunto para a cidade. A reedición da coalición que gobernou a cidade durante os últimos catros anos deixará a Lugo como a única cidade onde socialistas e nacionalistas non son quen de aplicar o acordo marco redactado pola dirección das dúas formacións políticas.

O líder dos nacionalistas pontevedreses, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, avanzou este martes que o pacto vaise asinar "máis cedo que tarde". Posteriormente, a voceira dos socialistas, Teresa Casal, precisaba que as dúas forzas agardan que este mesmo xoves sexa asinada a colaboración e subliñaba que o goberno local en Pontevedra "seguirá sendo exemplo de diálogo e entendemento" en Galiza. "Esperamos que, neste mandato, o goberno coaligado de Pontevedra siga sendo considerado como un exemplo de diálogo e convivencia entre dúas forzas políticas que son diferentes, pero que buscan o mellor para os cidadáns", indicou.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: