Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
AS 50 WEBS MÁIS IMPORTANTES DO ANO

De Starwars a Joost: o ránking de Time coas mellores páxinas de 2007

A categoría máis rifada é a dos sitios relacionados co audio e co video

Redacción - 12:54 11/07/2007
Web da revista Time

Web da revista Time

Como cada ano, a revista Time Magazine realizou un ranking coas 50 mellores webs de 2007. Os redactores da publicación elaboraron un estudo sobre aqueles sitios que ofrecen novas formas de entretemento, contidos de calidade ou novos servizos, e dividiron ás seleccionadas en diferentes categorías.

Agora, deixaron que os usuarios voten ás súas favoritas, e tras algunhas semanas coñeceranse os nomes das gañadoras desta edición.Como vén sendo habitual, Time optou por non incluír demasiados nomes moi coñecidos, e elaborou unha lista chea de novas iniciativas e proxectos interesantes por descubrir.

Sen dúbida, a categoría máis rifada é a que engloba ás páxinas relacionadas co audio e o vídeo. YouTube xa tivo o seu momento, e agora destacan outras como Veoh.com (unha nova plataforma para poder ver videos), StarWars.com (web na que os usuarios poden crear o seu propio filme de 'A Guerra das Galaxias'), Joost.com (o servizo de TVIP máis popular do momento) ou Last.fm (unha das radios online con maior seguemento).

No apartado de servizos web destaca a presenza de Twitter, servizo de blogs a través do móbil que revolucionou o mercado de Internet este ano. Pero tamén son moi interesantes outras iniciativas como Mozy.com (site que garda backups dos arquivos do PC), Weebly.com (integrador de diferentes contidos doutras redes sociais nunha mesma web) ou Wetpaint.com (páxina que axuda a crear unha wiki persoal).

As posibilidades que brindan estes novos servizos son practicamente infinitas, e seguro que darán moito que falar no que queda de ano.Outra das categorías máis rifadas é a dedicada ás redes sociais, un dos apartados nos que máis proxectos aparecen cada ano. Nesta ocasión Estafe destacou iniciativas como Hitchsters.com (perfecto para localizar un taxi), LinkedIn.com (rede social dirixida a empresarios e persoal de recursos humanos) ou Bix.yahoo.com (novo proxecto da empresa americana, centrado no programa American Idol).

Noutras categorías destaca a presenza de webs como INGDirect.com, Wotartist.com ou ExpertVillage.com.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: