Varios centos de persoas en todo o mundo únense no fomento da solidariedade.
Logotipo do día
Hai tres anos, o blogueiro Rio Arasaka decidiu crear o Día Internacional do Blogueiro (InWeDay), que dende o 2005 se conmemora o 14 de xuño, data que se considera a da primeira entrada dunha bitácora na rede, en 1993. Así, a comezos de xuño, varios centos de persoas de todo mundo únense nun obxectivo común: cambiar o mundo.
Este ano, a cuarta edición da xornada, o lema é a solidariedade. Na web oficial do evento pódense ir apuntando todas as persoas que teñan blog e que desexen contribuír e participar na celebración mundial. No noso país, a convocatoria non tivo demasiado éxito, aínda que xa hai algunha bitácora que participa oficialmente nela. É o caso da Dorfunteca.
O Vieiros da Escola deste mes está dedicado aos blogs: que son, para que serven e como se fan. Coas súas indicacións a comunidade blogueira pode seguir medrando.