Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Ánxela Bugallo preside o Padroado

Nace a Fundación Illa de San Simón

Encargarase de xestionar e promover o valor cultural e patrimonial. O director será o xeógrafo Francisco Xabier Méndez, especializado en promoción e desenvolvemento local.

Redacción - 17:27 21/05/2007

Tamén se constituíu o padroado da Fundación, presidido pola conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, cuxa vicepresidencia recaerá nun representante do Ministerio de Medio Ambiente, así como a secretaría, no secretario xeral da consellaría. Os vogais son os directores xerais de Creación Cultural, Luís Bará, e de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, a secretaria xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, Inmaculada Viña, os vicerreitores de extensión universitaria das tres universidades e máis o alcalde de Redondela, Xaime Rei Barreiro.

A Fundación conta cun orzamento inicial de 750.000 euros, achegados pola Consellería de Cultura, e ten como obxectivos a conservación do patrimonio da Illa, así como das instalacións e edificacións, e desenvolver actividades culturais e educativas (congresos, cursos e seminarios). Non ha tardar en presentarse unha programación detallada. En canto ao acordo de concesión outorgada á Xunta polo Ministerio de Medio Ambiente, quedan fóra os usos hoteleiros, agás os aloxamentos puntuais de profesorado, alumnado e conferenciantes dos cursos e actividades que se impartan.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: