 
Os independentistas e os verdes traballarán xuntos no Parlamento, aínda que isto non significa un goberno de coalición.
O partido nacionalista escocés, o SNP, gañador das eleccións ao parlamento, acaba asinou este venres un acordo de traballo co partido Verde que lle permitirá contar co apoio destes para as súas propostas en Holyrood e co voto favorábel a investidura de Alex Salmond como primeiro ministro. 
  En contrapartida, o SNP impulsará unha lei sobre o cambio climático como primeira medida de goberno, así como tamén designará un ministro de Ambiente verde para o seu gabinete.   
  
Coalición de goberno 
Porén, o acordo non implica un executivo de coalición; o SNP contará co apoio dos verdes, mais gobernará, polo momento, só en minoría. Así, por exemplo, os segundos non están na obriga de votar a favor de Salmond nunha hipotética moción de confianza, nin tampouco darlle o visto bo aos orzamentos anuais. 
No entanto, o partido Verde consideraría asinar un pacto formal se, finalmente, os liberal-demócratas optan por aceptar formar parte do goberno nacionalista. 
  Máis información en BBC News e The Scotsman.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto