Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Guerra' de influencias no Goberno

Eléctricas e construtoras pugnan polo negocio das enerxías renovábeis

Ofrecen á Xunta investimentos de 1.700 millóns en só dous anos, a cambio de concesións para parques eólicos, solares, de biomasa e de biocombustíbeis.

Redacción - 10:16 17/04/2007
A enerxía eólica é unha das máis desexadas polos inversores

A enerxía eólica é unha das máis desexadas polos inversores

A pugna entre potentes grupos inmobiliarios e as compañías eléctricas para gañar a batalla das enerxías renovábeis en Galiza está aberta. Segundo informa o diario madrileño El País, Copasa, San José, Manuel Jove, Isolux Corsán, Elecnor e Abengoa, están a manter numerosas xuntanzas nas últimas datas con diferentes membros do Goberno, entre eles o presidente, Emilio Pérez Touriño, para vender os seus proxectos.

O titular da Xunta e os conselleiros de Economía e Facenda, Xosé Ramón Fernández, e de Innovación e Industria, Fernando Blanco, recibiron nas últimas semanas unha chuvia de ofertas de empresarios interesados en investir en enerxías renovábeis no país.

Contrapartidas

A novidade estriba en que, ante a forte competencia por se situar no sector, o Executivo está esixindo contrapartidas, tal como a reconversión de Astano e a instalación dunha potente industria de compoñentes eólicos.

Touriño xa se reuniu cos propietarios de sete grandes grupos de inversión, sen esquecer ás compañías eléctricas xa instaladas no sector. A situación está a provocar unha guerra de influencias. O responsábel dunha eléctrica do sector eólico manifestáballe a El País a súa estrañeza por que Touriño deixe entrar no sector "aos construtores que xa fixeron o seu negocio con Fraga".

Segundo datos da Consellería de Economía, as empresas van investir uns 1.700 millóns de euros en novas fábricas de enerxías renovábeis en Galiza nos vindeiros dous anos, mais, as empresas prevén un volume de investimento maior.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: