 
 
O Goberno quere aprobar en maio un proxecto que destinará máis de 1.400 millóns de euros entre 2007-2013.
Unha das principais promesas da coalición entre socialistas e nacionalistas en 2005 era a de superar as diferenzas económicas e de servizos entre a Galiza costeira e as comarcas do interior. O presidente Emilio Pérez Touriño anunciou este luns que o Goberno vai aprobar o Plan de Reequilibrio Territorial o vindeiro mes de maio. En total, destinarase algo máis de 1.400 millóns no período 2007-2013.
O proxecto quere diminuir a fenda que divide o país entre aquelas bisbarras máis desenvolvidas, incardinadas maioritariamente no Eixo Atlántico e as comarcas do interior, especialmente as das provincias de Lugo e de Ourense. Os principais esforzos centraranse na mellora de infraestruturas, novas tecnoloxías e servizos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto