 
 
O DUP do reverendo Ian Paisley e o Sinn Fein de Gerry Adams chegaron este luns a un histórico acordo para crear unha administración conxunta que comezará a traballar o 8 de maio.
 
											Paisley e Adams, cara á cara por primeira vez / BBC News
No día en que remataba o prazo dado polos gobernos de Irlanda e Reino Unido para a formación dun goberno de unidade en Irlanda do Norte, unionistas e republicanos chegaron a acordo. Deste xeito, o Ulster verá restabelecida a súa autonomía, en suspenso dende outubro de 2002. 
Segundo o chamado acordo de Saint Andrews, os gobernos de Londres e de Dublín  suspenderían indefinidamente a Asemblea norteirlandesa e os soldos dos seus membros, e pasarían a administrar a rexión conxuntamente, de non se producir o consenso. 
  Cita histórica 
A histórica cita tivo lugar no castelo de Stormont (Belfast), sé da Asemblea norteirlandesa. Esta foi restaurada o domingo por Londres para o proceso de negociación que levasen a formación dun Executivo compartido entre católicos e protestantes. 
"O noso obxectivo era o de obter o restabelecemento (da autonomía) nun contexto no que se puidese facer realidade, e onde significase unha mellora da calidade de vida das persoas nesta parte do Reuino Unido", sinalou o líder do Democratic Unionist Party (DUP), Ian Paisley, á saída da xuntanza.   
Pola súa banda, o número un do Sinn Féin, Gerry Adams, manifestou que "o acordo marca o comezo dunha nova era política na illa".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto