Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TELEFÓNICA PROMETE ADIANTAR UN ANO A EXTENSIÓN DA BANDA LARGA AO RURAL

Nas aldeas seguirase a pagar máis por menos velocidade en internet

Rematar o Programa de Extensión da Banda Larga a Zonas Rurais este ano e non en 2008. Este é o compromiso que Telefónica asumiu este mércores nunha xuntanza en Santiago. De cumprise a promesa, máis de 3.000 aldeas poderían conectarse nos vindeiros doce meses. Isto supón un adianto respecto das previsións anteriores, que deixaban máis de 1.000 lugares para conectar durante 2008. Iso si, as conexións deste Programa son moito máis lentas e caras do que se pode contratar nas cidades.

- 16:27 25/01/2007
Tags:

O Ministerio de Industria especifica que o ancho de banda mínimo para o rural é de 256 Kilobytes por segundo, moi lonxe dos 20 megas dispoñibles nos núcleos urbanos con ADSL. O prezo mínimo é de 39 euros ao mes, máis caro do que hai que pagar nunha cidade por unha velocidade dun mega.

E cando chega a miña aldea?
As persoas que viven en zonas sen acceso poden consultar cando vai chegar a alta velocidade na web do Programa. Iso si, os datos dispoñíbeis o xoves estaban sen actualizar, pois non reflectían o adianto pactado o día anterior.

Un 10% segue no limbo
Ademais, as administracións falan dun 90% da poboación que poderá usar este servizo, polo que para o 10% dos galegos non hai data de cobertura. Porén, os axentes implicados no Programa (Ministerio de Industria, Telefónica e autonomías) están a negociar a ampliación do mesmo.

Cómpre triplicar o ritmo de conexións
A Consellería de Industria destaca que até o de agora conectáronse 1.638 núcleos de poboación dende 2005. Polo tanto, Telefónica debería, polo menos, triplicar o ritmo de conexións de lugares para cumprir as previsións. A final de ano haberá que avaliar a capacidade real da operadora á hora de cumprir os prazos. O certo é que na actualidade Telefónica segue a instalar a algúns veciños teléfonos vía radio, que non serven para a alta velocidade. A operadora recibe a práctica totalidade dos 22 millóns de subvencións e 34 millóns de prestamos sen xuro que destina o Estado a esta iniciativa.

O avance de prazos concretouse nunha xuntanza do Programa o xoves en Santiago, na que Elena Veiguela, directora xeral da Sociedade da Información, asumiu a representación da Xunta. Este departamento salienta que xa se lle deu cobertura a "1.014.697 cidadáns, máis do 83% dos previstos" .


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: