Xa se poden ver na rede as seis mesas redondas das xornadas galego-lusófonas de software libre do Porriño, que se desenvolveron do 30 de novembro ao 3 de decembro, organizadas por AGNIX e o Concello porriñés. Nos coloquios participaron expertos nos diferentes eidos do software libre de Galiza, Brasil e Portugal. Os vídeos ofrécense na modalidade de streaming, é dicir, que non se poden descargar directamente, e para velos é preciso empregar un reprodutor que admita arquivos en formato Quicktime. Dende mancomún.org recomendan usar o VLC.
Nas xornadas colaboraron N-Video, que se encarga de fornecer o servizo de streaming, Galpon, o Cesga, Blogaliza, Chuza!, Xacobeo e a Consellería de Innovación e Industria.