Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DOUS MESES PARA PRECISAR A ESTRATEXIA QUE EVITE UNHA FORTE SANCIÓN

A UE ponlle prazo á Xunta para un novo plan contra a contaminación da ría de Vigo

Por riba dos 250 millóns de euros podería estar o castigo económico da Unión Europea a Galiza, no caso de que non se poña en marcha de xeito efectivo un plan para resolver os graves problemas de contaminación da ría de Vigo. A Comisión Europea trasladoulle un novo requirimento á Xunta, estabelecendo un prazo de dous meses para reenviar a documentación sobre a estratexia proxectada. O executivo galego trasladara xa hai semanas un proxecto para o saneamento da ría, e agora deberán preparar un texto que debulle con maior detalle todo o proceso. De xeito especial, a UE advirte de dúas eivas: a falta dunha decisión definitiva sobre a nova depuradora para Vigo e a ausencia de garantías para o financiamento dos traballos.

  • A ría viguesa tardará seis anos en estar saneada
  • De Monteferro ás Cíes: Quince puntos negros na ría de Vigo

- 08:43 13/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)