Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[Básquet][Selección Galega]

Os homes que xogarán contra Xapón

Esta mañá déronse a coñecer os xogadores que finalmente compoñerán a selección galega de baloncesto no partido do mércores fronte a Xapón. Estes son os homes que representan o noso mellor básquet. Cres que falta ou sobra alguén? coméntao no noso Foro.

- 09:20 28/06/2006
Tags:



Bases
O Porriño, 1979.
1,89m.
Club: Leite Río Breogán

Javi Rodríguez

Base que destaca pola súa potencia física. Nel converxen a altura, a forza, a velocidade e o salto. Xogador ideal para xogar ao contraataque. Gústalle penetrar na zona procurando a asistencia ou a entrada. Malia ser base, destaca polos seus números nos rebotes. Gran defensor no un contra un.


Ferrol, 1976.
1,91m.
Club: Celso Míguez

Lino López

Formado nas categorías inferiores do Club Baloncesto Oar de Ferrol trátase dun gran anotador e pasador. A tempada pasada acadou uns grandes números: 17 puntos e 5 asistencias de media no Celso Míguez da LEB 2.

Alas
Ferrol, 1977
2,02m
Club: Celso Míguez

Lucho Fernández

Xosé Luís «Lucho Fernández» é un ala-pivot de gran rapidez e acerto en tiros de 3 puntos. Formado na canteira do Santa Marina de Ferrol, está considerado un dos mellores "catros" da LEB. Militou en Los Barrios, La Palma, e no Bilbao Basket.

A Laracha, 1975
2,04m
Club: Bruesa Gipuzkoa Basket

Xosé Ramón Esmorís

Ala-pivot de 2,04 metros e 108 quilos de peso. Formado na canteira do OAR Ferrol, o pivot zurdo suple a súa falta de centímetros coa súa habilidade no ataque e cun bo tiro exterior. Conseguiu a medalle de bronce no Europeo xuvenil desputado en Salónica no 91 e posúe unha ampla experiencia en ascender equipos da LEB á ACB


Ourense, 1976
1,95m
Club Ourense Baloncesto

Sony Vázquez

Xosé Antonio Vázquez, máis coñecido como Sony Vázquez, é un escolta-alero tirador e un dos emblemas do Club Ourense Baloncesto, no que leva cinco tempadas, tanto na ACB como na LEB. Na última campaña acadou 9,55 puntos, 2,9 rebotes e 1,5 asistencias de media por partido.


1,97m
Club Ourense Baloncesto

Rubén Vila

O ala do Club Ourense Baloncesto está saíndo dunha lesión de xeonllo polo que non está aínda clara a súa condición de seleccionabel. Posúe un moi bo tiro porén, é un pouco irregular en defensa.

1981
1'95m
Club: Los Barrios

Xulio González Sánchez

Este estremo de case dous metros de estatura foi campión do mundo junior xunto con Pau Gasol no 1999. Esta tempada, no Los Barrios e baixo as ordes de Quino Salvo, acadou 7,5 puntos, 2 rebotes e 1,4 asistencias por partido.

1969
1,96m
Club: CB Chantada

Xosé Xerardo Rama Vázquez (Coke Rama)

O ala do Chantada destaca polo seu alto porcentaxe anotador no tiro de campo. Achegará a experiencia e veteranía ao combinado galego.

Pivotes

Betanzos, 1978
2,03m
Club: Forum Valladolid

Manu Gómez

Pivot con gran pesenza física e enorme entrega e loita na cancha. Moi efectivo baixo o poste baixo onde tamén destaca como reboteador. Sólido en defensa, é un bo tirador de tiros libres e incluso de triplas. É un xogador de equipo.


Chantada, 1983
2,09m
Club: Akasvayu Girona

Fran Vázquez

É sen dúbida a estrela da selección galega. O ano pasado foi elixido no número 11 do draft da NBA polos Magic Orlando pero renunciou a súa praza e fichou polo Akasvayu de Girona converténdose no xogador mellor pagado da ACB. Gran reboteador e taponeador. Posúe un gran tiro desde media distancia, así como uns moi bos números desde a liña de tiros libres.


Noia, 1987
2,03m
Club: CAI Zaragoza (cedido polo Real Madrid)

Xosé Anxo Antelo

Formouse na canteira do CB Noia aínda que moi cedo ingresaría nas filas do Real Madrid. Campión do último Europeo Junior coa selección española, ten moi bos números no lanzamento de campo así como na faceta reboteadora. É unha das grandes promesas do básquet galego.

Vigo, 1980
2,09m
Club: Celso Míguez

Javi Román

Javier Román Maseda formouse como xogador en Vigo. Foi campión da Liga EBA na tempada 02/03 co San Narciso Peixe Fresco. Destaca pola súa gran progresión e polo seu alto porcentaxe anotador en tiros de campo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: