A familia de José Couso, falecido o pasado 8 de abril en Bagdad a causa dos disparos dun tanque norteamericano, presenta hoxe unha querela ante a Audiencia Nacional contra os autores, cómplices e cooperadores da morte do camarógrafo de Tele5, que consideran un crime de guerra. Segundo informou a avogada Pilar Hermoso, estiveron directamente relacionados cos feitos o tanquista que disparou, o sarxento Gibson; o superior que autorizou o tiro, identificado como Philip Wallfort; e o militar que deu a orde, Philip De Cant. A familia decidiu emprender accións legais pola súa conta ante a "pasividade e total inoperancia do Goberno español".
.