Esta fin de semana desenvólveuse en Madrid a XIV edición de Expolingua. Organizado pola Fundación Actilibre, e patrocinado polo Instituto Cervantes, o certame é un salón de exposicións que inclúe un amplo e extenso programa de conferencias. Nesta edición, como conmemoración do Ano Europeo das Linguas, Expolingua céntrase en tres liñas de traballo: Lingua e inmigración, os plans europeos no ano europeo das linguas, e a didáctica do español como lingua estranxeira. Ademais, a nós tócanos de preto, pois o ex director xeral de Política Lingüística, Manuel Regueiro Tenreiro, presentou a traducción ao castelán da obra onde enuncia o concepto de bilingüismo harmónico. Máis información en Vieiros Galego.org.
.