Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
17 MORTOS AO DERRUBARSE UN HELICÓPTERO SEN QUE SE COÑEZAN AS CAUSAS

10 militares galegos falecen ao leste de Afganistán

17 militares do exército español morreron a unha da tarde ao caer o seu helicóptero en Xindad, ao leste de Afganistán. As causas da caída aínda non están determinadas, e o ministro de Defensa, José Bono, cre que puido ben tratarse dun accidente como dun ataque exterior. Un suposto responsábel talibán, identificado coma o mulá Dadulá,
reivindicou a acción, se ben recoñeceu non ter probas que o confirmasen. Porén, fontes da OTAN en Cabul e Bruxelas negaron a existencia polo de agora de trazas de que o helicóptero fose atacado. Dez destes militares eran galegos e procedían da base de Figueirido, en Pontevedra, que se repatriarán, identificados "con certeza" no prazo dunha semana. A Xunta decretou tres días de loito oficial.
Dez soldados galegos falecidos
A Xunta decreta tres días de loito oficial.
O BNG pide a retirada das tropas españolas de Afganistán.

- 20:06 16/08/2005
Tags:


0/5 (0 votos)