- Que Marica, botamos un polbo?
- Á feira Fuco? 
- E logo como vai ser senón? 
- Ai, eu quería con moito picante. 
- Pois botarémoslle picante dabondo. 
- E non vas pór nada ardente nos meus beizos? 
- Auga ardente nos teus beizos? ¡Vaites rapaza! Unhas cunquiñas de ribeiro tinto lle van moito mellor aos teus beizos e aos meus. 
- Ai Fuquiño que me estou pondo cachonda. 
- Cacho onda levas no pelo. Certo muller. Veña cala e come que o polbo arrefríase e está que nin diós.