Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.
Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí
Entón a temperatura do corpo empeza a subir e a subir e a sección de metais fai que Galiza pareza máis ben unha apartada illa caribeña. Cando xa todos se atopan baixo o influxo dos Dandy Fever, a melodiosa voz de Mariana fai que todos queden no sitio, coma hipnotizados... Xamaica está un pouco máis preto... Os efectos do Dandy Fever non se fan esperar. Ao pouco de comezar os seus concertos o público comeza a sentir estrañas sensacións: nun primeiro momento o individuo perde o control das súas pernas, logo dos brazos, da cabeza... ata que por fin todo o corpo se move como por vontade propia, seguindo os sincopados ritmos da banda. Entón a temperatura do corpo empeza a subir e a subir e a sección de metais fai que Galiza pareza máis ben unha apartada illa caribeña. Cando xa todos se atopan baixo o influxo dos Dandy Fever, a melodiosa voz de Mariana fai que todos queden no sitio, coma hipnotizados... Xamaica está un pouco máis preto... Dandy Fever, que tamén recuncan en A Polo Ghit, son Mariana (Voz, 25 anos), Charly (Guitarra, 29 anos), Brais (Batería e coros, 29 anos), Dani (Saxo alto, 29 anos), Iago (Trombón, 26 anos), Lorenzo (Trombón, 33 anos), Néstor (Baixo, 26 anos).
Non pensaches nunca que che pasase a ti,
vivías no ceo, no teu mundo feliz.
mais un día pasouche a carón do teu ser
e unha pedra ben grande sobre ti caeu.
Afronta esta vida como é.
mira a os ollos sen ceder.
E non teñas medo deles,
o camiño da vida é así.
Véndiche-las brasas sobre as cinzas do ar
sopraches ben forte para comezar.
e no día a día paso a paso estás.
no teu sitio sempre estarás.
Dunha longa noite espertarás
e nun novo día estarás.
E non teñas medo deles
o camiño da vida é así.
Cara min terás que vir
e no meu corazón vivir.
Cara min terás que vir
e no meu corazón vivir.
E non teñas medo deles
o camiño da vida é así.
Sorte, rapaces. Seguro que esteredes entre os primeiros, xa que a canción o merece. Saúdos desde As Roséiras na Coruña
moi ben,moi ben,seguro que estades na final,sorte saudos
que bos os dandy fever!
Moi guapo este tema, do mellor dos que escoitei de momento
Un voto desde Monte Alto. CALIDADE con maiúsculas, como sempre.
Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)
grandes coma sempre, saudos trapalleiros
Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott