Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.
Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí
Surfeando nas cunetas e mouro coma un tizón... Así de desconcertado e espido como o demo o trouxo ó mundo chega este asilvestrado marraxo mutante das profundidades dunha poceira radioactiva calquera que abraza de novo o seu temido Freak-Folk para desafiar as xostradas do embravecido mar do bilingüismo, prohibicionismo e anti-naturalismo que diariamente golpexan o noso corpo espido. Gz-nuísta!!
Gz-nuísta , gz-nuísta / amosa a túa trompa / amosa a túa crica / gz anti-bilingüista / amosa a túa trompa / amosa a túa crica / acendo o canuto deitado nas rochas / despois de botarche a crema nas costas / a brisa acaricia o noso pelexo / o bikini é un burka / perde o complexo/ aspiro fondo o fume do peta / viaxo tan alto coma isa cometa / gz-nuísta racha as bermudas / amósalle ó mundo as túas cachas peludas / e non soio nas praias imos quedar / gz-nuísta gz-total / tomando o vermú / nas festas da vila / amosa a túa trompa / amosa a túa crica / gz-nuísta / nunca bilingüista
Iso, iso, trompas e circas respirando con normalidade!!
Viva Gz nuísta!
o mellor é o verde, aí chantado, intentando parecer natural... jaja!!
aí tá!dende o país do burkini, conta con nosoutros. amosarémolo todo!
Animo a todos os nuístas. gz sen roupa e sen imposicións!!!!!
A Fanfarria da Carraxe resiste os embates das línguas bífidas do españolismo. A Lodeira en pé!
Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)
Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott
.